16 dic 2013

EXCURSIÓN A BETANZOS


Visitamos o Belén
Visita ao Belén - presentacion imagenes

Betanzos Medieval
Vistamos o sepulcro de Fernán Pérez de Andrade "O Bo"

4 dic 2013

25 de Novembro : Día Internacional contra a violencia cara as mulleres.

Participamos nos actos realizados no colexio co obxetivo de axudar a visibilizar esta lacra
 e servir para a prevención desta violencia desde a educación

25N - diapositivas

Para ver máis podedes visitar RAIOTECA





ESPECTÁCULO POÉTICO-TEATRAL "ACUARIO"

Os nenos e nenas do 1º ciclo asistimos a un espectáculo poético-teatral
 baseado no libro de poemas "Acuario"  de  María Canosa
A través da área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña
 presentáronnos un recital dramatizado para que os nenos e nenas
se acheguen á poesía e a unha sinxela escenografía.
A posta en escena lévana tres actores do teatro Ghazafellos
e a autora dos poemas María Canosa.
 GUSTOUNOS MOITÍSIMO !!!

Tamén aproveitamos a ocasión para observar algúns recunchos do Pontedeume Medieval.


25 nov 2013

VISITA AO CASTELO DOS CONDES DE ANDRADE

O castelo dos condes de Andrade construíuse por orde de Fernán Pérez de Andrade
entre 1.369 e 1.377sobre a pena Leboeira (Nogueirosa).
Este castelo , que non foi residencia dos condes, considérase unha atalaia..
Para acceder á torre da homenaxe facíase a través dunha ponte levadiza.
Dende a terraza pódense contemplar unhas vistas de incrible beleza.

3 nov 2013

OUTONO MEDIEVAL EN ANDRADE

Este ano celebramos a Festa da froita un pouco especial:
fixemos un libro de receitas doces con froitos de outono, 
elaboramos un pastel "profe Isabel"e vestímonos de medievais 
para disfrutar dos xogos e dun fenomenal banquete.