29 mar 2011

ALFABETO MEDIEVAL

Interesóunos moito a época Medieval, 
mesmo estivemos  vendo alfabetos medievais 
e fixemos as letras iniciais dos nosos nomes imitándoos.

28 mar 2011

ENTROIDO ANDRADE

Este ano no noso colexio o tema do Entroido foi a
Época Medieval. Os nenos e nenas de 1º vestímonos de xoglares e coas nosas acrobacias fixemos rir a todos.

18 mar 2011

XOGOS DE SEMPRE 16-02-2011

  Visitamos o colexio Mosteiro de Caaveiro na Capela.
 Alí os alumnos de 4ºcurso e o "profe" Xabier
 aprendéronnos moitos xogos tradicionais
coma o peón, os zancos,a mariola...
 Pasámolo moi ben xogando todos xuntos.



Se queredes saber máis sobre os xogos populares podedes clicar aquí

17 mar 2011

DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA 28-01-2011


Celebramos con moita alegría o día da PAZ.
 Todos os cursos participaron.
Nós, os de primeiro, fixemos entre todos
 unha lectura moi bonita sobre a non violencia.

DIA DA PAZ 


Podedes acceder á reportaxe de Raioteca clicando aquí.


13 mar 2011

NADAL 2010


Nesta obra de teatro participamos todos os nenos e as nenas do noso colexio.
Foi moi divertida porque nela saían persoas ,comercios, empresas...coñecidos do noso contorno

BIBLIOTÓMBOLA



10 mar 2011

9 mar 2011

SAÍDA Á CAPELA

21-10-2010  SAÍDA Á CAPELA.

Visitamos un muíño no río Sesín, o museo etnográfico
e a casa do mel.