26 jun 2012

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE PONTEDEUME


Coma cada ano, co motivo das Letras Galegas a Biblioteca Municipal de Pontedeume
 convídounos  a participar nunha sesión de contacontos .


CONCERTO DIDÁCTICO DA ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA

No Palacio da Ópera da Coruña asistimos ao Concerto Didáctico "Romeo y Julieta"
 interpretado pola Orquesta Sinfónica de Galicia e ilustrado pola compañía Per Poc 
que por medio de títeres vai explicando o argumento.
Trátase dunha proposta moi visual, onde a principal protagonista é a Música

20 jun 2012

LETRAS GALEGAS 2012

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS


Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Valentín Paz Andrade.
buscamos información sobre a súa vida e a súa obra e entre todos elaboramos a súa Biografía.
Tivemos tamén ao longo da semana diversos obradoiros de traballos tradicionais coma cestería,
maquetería... na que aprendimos como funciona un muíño  de auga, unha minicentral eléctrica..
Pareceunos moi interesante!.




FESTA DOS MAIOS 2012



FESTA DOS MAIOS 2012

Este ano o maio que fixemos  representaba o Castelo de Andrade.
Axudamos todos a facelo e quedounos moi bonito.
Os nenos e nenas de 6ºE.P.participaron no concurso
 de Pontedeume e gañaron o
 1º premio na presentación e o 2ºpremio para o maio.
Felicitacións!






  

19 jun 2012

DÍA DO LIBRO

23 DE ABRIL DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO


Celebramos o "Día do Libro" con moitas actividades...A que máis nos gustou
foi  Adiviña quen son na que tiñamos que adiviñar o título do libro por medio dunhas pistas.
Tamén derónse os diplomas aos mellores lectores. Na nosa clase foi Inés. ¡Parabéns!
Se queredes saber moito máis, visitade Raioteca


COIDANDO A NOSA SAÚDE

CHARLA SOBRE  A BOA  ALIMENTACIÓN


 

Estivo moi  interesante.Nela aprendimos todo sobre a pirámide alimentaria
 e qué alimentos debemos tomar para medrar fortes e sans.

DÍA DA POESÍA

DIA DA POESIA
ADICADA ÁS MULLERES DO COLE